Viaxe a Uviéu

“La heroica ciudad dormía la siesta. El viento sur, caliente y perezoso empujaba las nubes blanquecinas que se rasgaban al correr hacia al norte”. La Regenta de  Leopoldo Alas Clarín.

A pasada semana, o xoves, 21 e o venres, 22 de maio, os membros de Sinaloa fixemos unha excursión a Uviéu. Collemos o FEVE a primeira hora da mañá e despois de catro horas de tren estabamos na capital asturiana. Alí aproveitamos para  visitar o centro da cidade, coñecendo os lugares  nos que se desenvolve a obra de Clarín La Regenta. Tivemos ocasión de degustar a saborosa comida asturiana e facer tamén algúns compras polo comercio de Uviéu. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

 

 Coa "Regenta".Na praza de Porlier, na estatua do viaxeiro

No monumento ao ilustrado Feijoo Diante da impresionante catedral

Na praza da universidadeDiante do hotel

7 Comentarios »

  1. Yaiza de "Sinaloa". Said:

    Ola que tal? Eu moi ben. Teño que dicir que o pasei en grande en Oviedo, pero teño que decir que a sidra sabía moi mal. Cos compañeiros paseino moi pero que moi ben. Unha das cousas que máis me gustou foi a catedral, o hotel jeje, e sobre todo as tiendas.
    Pois bueno que me encantou e que volvería repetir 50 veces máis.

  2. kekanaranjito Said:

    Pois a min pareceume unha experiencia moi bonita xa que nos enseñaron un lugar que non visitara antes coma o casco histórico de oviedo. Estatuas por tódolos sitios e moitos lugares máis que me encantaron como o gran parque donde podiamos ver distintos tipos de árbores e animais, un dos que máis me gustou foi o pavo real.

  3. ***BELEN***SiNaLoA******* Said:

    Esta viaxe foi moi entretida. Fomos a ver o casco histórico de Oviedo escoitando unha audioguia no mp3; visitamos a catedral e vimos a estatua de Feijoo. Logo fomos a cear a unha sidrería e despois ó hotel. Ó día seguinte fomos a ver a universidade e o hotel onde se aloxa a familia real cando vai a Oviedo.
    Despois outra vez de volta á casa.

  4. Miriam de Sinaloa Said:

    A viaxe a Uviéu gustoume moito e paseino moi ben, a pena é que foi a ultima excursión do clube de Sinaloa 🙂 o peor de todo foron as 4 horas de tren.

  5. César de Sinaloa Said:

    A viaxe a Oviedo gustoume moito, só que foi moi curta. O malo desta excursión foi o demonio do TREN, pois botamos nel 4 horas para ir e 4 para vir.

  6. Ainssss, que ben o pasades eh! eso si que da gusto! como se votan de menos as excursións de Xove!jaja

  7. Джиха Said:

    Изжеваная уже тема , неоднократно подымалась


{ RSS feed for comments on this post} · { TrackBack URI }

Deixa unha resposta a Джиха Cancelar a resposta