Archive for Abril, 2008

As nosas actividades

Neste mes de xaneiro o departamento de Música organizou unha viaxe a Madrid para presenciar un musical ao que asistimos todos os membros de Sinaloa. O musical que vimos foi A  de Nacho Cano, tamén paseamos polo centro, o parque do Retiro, chegamos o Bernabeu e mesmo puidemos ver o rei e a súa familia  en persoa no Palacio Real.

 

 Na Biblioteca NacionalDon Quijote y SanchoFronte ó Palacio RealNo musical "A" de Nacho Cano no teatro Häagen Dazs Calderón

 

No mes de outubro  fomos visitar unha exposición de arte galega á cidade de Mondoñedo. Aproveitamos a viaxe para coñecer o cemiterio vello e  a zona monumental da vila, nese paseo puidemos ver o lugar onde descansan o músico Pascual Veiga e  os escritores Leiras Pulpeiro e Álvaro Cunqueiro, do que tamén vimos a súa casa natal.

Tumba de Álvaro Cunqueiro

 

 

 

 

 

 

 

 Cunqueiro na súa vila natal

Tremendo de medo no camposanto

 

 

 

 

 

 

 

 Os membros de Sinaloa participamos activamente na celebración do Samaín: organizamos sesións de lectura con relatos de medo diante de todos os compañeiros do instituto.

 cabaza

E, por suposto, tamén disfrutamos da festa, disfrazándonos.

Todos, menos Yaiza

Miriam lendo

David agardando para ler

 

 

En xuño os membros de Sinaloa, acompañados dalgúns alumnos de 1º e 2º de ESO,  fomos a Santiago. Alí visitamos en primeiro lugar a fermosa bibiloteca da facultade de Historia que, malia a foto que vos poñemos, estaba atestada de estudantes.

Fomos despois  ver a exposición de Galicia Dixital e comemos na zona vella todos xuntos.

Xa pola tarde encamiñámonos cara á nova biblioteca pública Ánxel Casal, onde tiñamos concertada unha visita guiada que resultou ser do máis interesante, por certo a biblioteca por dentro é unha marabilla.

   

Rematamos a xornada na libraría Couceiro.Aquí ensináronnos como se recuperan e encadernan os libros vellos e mercamos tamén aqueles que nos gostaron para a nosa biblioteca

 

 

A última semana de maio, algúns membros do club quedamos no cine de Viveiro para ver a última película de Indiana Jones.

O 10 de abril aproveitando a viaxe á Coruña que organizou o centro, os membros de Sinaloa achegámonos ata a libraría Fnac, onde puidemos ver as novidades en literatura xuvenil e mercamos varios libros para a bibiloteca.

E o 14 de abril asistimos a un obradoiro de prensa realizado por unha xornalista da delegación da Mariña de  La Voz de Galicia. Explicounos previamente como se seleccionan as noticias, como é o ritmo de traballo na redacción e como se decide a portada do xornal do día. A continuación nós mesmos actuamos de xornalistas e, traballando coas noticias da actualidade,  confeccionamos a nosa propia portada.

 

 

 

Guía de lectura: EL NIÑO…

 

CLUB DE LECTURA SINALOA

Suxestións para o comentario de El niño con el pijama de rayas.

• Desde que punto de vista se nos conta a historia? ( Destacaremos que a perspectiva é a do neno, aínda que non está escrita en 1ª persoa. O punto de vista é o da inocencia fronte á barbarie. Comentaremos o estilo narrativo, o propio dun neno de 9 anos, perceptible na repetición de frases: “os seus labios formaron unha O”, “os amigos para toda a vida”, “a irmá tonta de remate”)
• Onde ten lugar a historia? ( Situaremos Berlín e Auschwitz.)
• Época da historia? Que datos nos permiten situala? ( Non moita información: pola maneira de falar, os modais, os xogos dos nenos intuímos que non é a nosa) Fálase nun momento de que pola noite deben apagar as luces para estar máis seguros, a que se deberá? Que personaxe histórico será El Furias?
• A que clase social pertence a familia de Bruno? ( Comentaremos a casa e o barrio, a presenza de servizo doméstico) Que vos parece a casa onde vive? Como son os seus amigos de Berlín, a que clase social pertencen?

 Os pais de Bruno. O pai: aínda que non aparece de maneira directa, sabemos que é autoritario, que gosta de impor regras, por que? ( O despacho prohibido aos nenos, os comentarios sobre a criada María, Bruno di que a trata con desprezo; o fillo parece terlle medo.Toma a decisión de marchar sen consultalo coa familia, as súas frases destácanse con maiúsculas para marcar a autoridade: “PROHIBIDO ENTRAR BAJO NINGÚN CONCEPTO”….) No primeiro capítulo intuídes de que traballa o pai?A caracterización do pai é positiva ou negativa? E a da nai?
• Como é a nova casa? Comparar coa de Berlín. E o lugar? Cales son as impresións de Bruno?( As tendas, postos de froita, casas, xente e bulicio de Berlín fronte á desolación do novo fogar)
• Como encaixariades vós un cambio deste tipo? Ou o feito de ter que abandonar a vosa casa, amigos…?
• Quen os atenderá na nova casa? Cal é o seu estado anímico?( As tres novas criadas e un vello: fracos, tristes e desditados)
• Cales eran as únicas vantaxes para Bruno de non estar en Berlín?  Que vos parece a irmá?
• Que hai arredor da casa e como o descobre? Cal é a súa impresión? Que se vía? (Destacaremos o contrastre entre a zona axardinada e o de enfronte, a orientación do banco e o aramado) Como era a zona cercada? (Salientar que saían columnas de fume ao fondo) Paréncevos comprensibles as explicacións dos irmáns ante o que ven? (Destacaremos o comentario de Bruno sobre que debe ser o campo e o que o se atopa nel: só homes, soldados que berran e nenos que choran, referencia ao pixama...) Pensades que Gretel é tan inxenua coma Bruno, cal é a súa impresión?
• Vós sabedes onde están?

 Shmuel e Bruno
• Diferenzas: Shmuel quere estar só e Bruno con amigos; orixe ( S. é de Polonia, el revela a B. onde está Ausvich); S. leva a estrela de David e B. fala da esvástica do uniforme do pai.(Comentaremos a orixe e significado da estrela de David e o da esvástica)
• Elementos comúns: naceron o mesmo día, igual que irmáns xemelgos: (convértese en algo tráxico, porque ...)
• Contraste entre os dous: a chegada a Ausvich, (experiencia horrible para S., vivida por B. de modo moi diferente). Comentaremos o tipo de familia de S.,unha familia normal, formada, a nai era mestra e sabía falar idiomas. No capítulo El Furias (saben quen é?): cóntase o porqué do destino do pai de B. en Ausvich, que impresión causa Hitler a B?. (Destacaremos tamén o diferente tratamento para referirse aos pais de S. e B., este trátaos de vostede: Padre e Madre)
Bruno entende o drama de Shmuel?
• Os soldados: (odiados por S.; B. quere ser de maior soldado). O tenente Kotler, cal é a reacción de S. cando se fala del?
Comentaremos a escena da cea co teniente Kotler:
Pai de Kotler: profesor de Literatura exiliado en Suíza, o pai de B. pensa que é un traidor?
Descoido de Pavel, reacción terrible do tenente Kotler que non se describe, por que?
Que razóns puido haber para que Koetler fora destinado fóra de Ausvich?

A violencia (cada vez máis presente)
S. chega co ollo morado / inxenuidade de B. (pensa nunha pelexa entre nenos)
S. perde o avó, desaparecido; imcomprensión de ambos.
S. cada vez máis delgado, dedos de esqueleto.
• No capítulo das copiñas, que vos parece a reacción de B.? Por que
nega ao amigo?
(Comentar que nesta pasaxe do libro o autor parafrasea unha escena bíblica, a de San Pedro e a paixón de Cristo: o amigo nega 3 veces a Shmuel e este reaparece 7 días despois na aramada cheo de cardenais.)
• Vós perdoaríades a un amigo que vos traizoase así?
• B. ao ver os golpes de S. como reacciona? É inxenuo ou non quere saber?

Gretel e Bruno
• Cal é relación entre os irmáns? Que papel cumpre na vida de B. o amigo imaxinario?
• G. marca nun mapa de Europa alfinetes, tras consultar un xornal, que marcará?
• Quen revela a B o que significa o campo? Gretel, que di dos xudeus? Enténdeo B?

O final
A entrada no campo. (Comentaremos que co pixama posto e rapado, Bruno era igual que un xudeu). No libro é fundamental o tema da vestimenta na caracterización dos personaxes, visible no propio título, por que? A avoa de B. cando facían teatro dicía: “Si llevas el atuendo adecuado, te sientes como la persona que finges ser”.Por que os nazis vestían os xudeus co pixama? (Para denigralos, quitarlles a condición de persoas, negarlles a condición de individuos. Fronte ao pixama os uniformes deles, marcan a distancia, son a autoridade).
• Que vos parece o final? B. descobre como é a vida no campo? Parécese ao que el pensaba? Québrase a súa inocencia ou é inxenuo ata o final da obra?. S. é máis consciente do que pasa?
• Que vos parcece o destino final dos dous amigos?
• O final é exemplificador, coma nas fábulas, por que?
• Cal sería o final do pai de Bruno?
• Por que se titula El niño con el pijama de rayas, quen é o neno? S. ou B. ou os dous? (Son o mesmo neno, son como a cara e a cruz dunha mesma moeda, o azar situou a un nun lado da historia e ao outro na outra.)
• Pensade noutro final, como serían B e S de maiores, a que se dedicarían, seguirían sendo amigos?
• Cal é para vós a idea esencial que pretende transmitir aos lectores o autor do libro?