Archive for Xaneiro, 2009

Eclipse solar

Coma xa sabedes, hai uns días houbo unha eclipse solar que só se puido ver nunha pequena parte do hemisferio sur e para que o poidades disfrutar, aquí o tedes.

Obra mestra de Maradona

Este é un dos goles máis famosos de Maradona e dunha calidade insuperable. CÉSAR

As nosas lecturas

xg00055701

 

Ficha do libro

Autor: Agustín Fernández Paz

Xénero: novela

Título: Noite de voraces sombras

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán, na casa da avoa en Viveiro, cambiaron a súa vida.

 

 

 

 
dos-velas-para-el-diablo

Ficha do libro

Autora: Laura Gallego

Xénero: novela fantástica

Título: Dos velas para el diablo

Unha batalla moito máis antiga que o ser humano parece ter, ao cabo, un claro vencedor. Porén,  ao comezo do século XXI, Cat, a filla dun anxo, está disposta a desafiar os mesmos demos con tal de vingar o asasinato do seu pai.


imagen



Ficha do libro

Autora: Fina Casalderrey

Xénero: novela

Título: Asústate Merche!

Unha rapaza de quince anos comparte os seus problemas cunha amiga imaxinaria, Merche, á cal se dirixe no diario que vai escribindo. Novela de xuventude, de emocións e opinións, de compartir viaxes e amizade.

Ficha do libro

Autor: Carlos Ruíz Zafón

Xénero: novela fantástica

Título: Marina

Óscar Drai  marchou fuxindo dos seus recordos, pensando que a distancia calaría para sempre as voces do pasado. Agora regresou para conxurar as súas pantasmas e enfrontarse a súa memoria. A macabra aventura que o marcou na súa xuventude, proporcionoulle, curiosamente, a máis fermosa historia de amor.

84-96352-54-43

Ficha do libro

Autor: César Mallorquí

Xénero: novela

Título orixinal: Las lágrimas de Shiva

En certa ocasión , hai xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; pódelo chamar como queiras, o caso é que o vin. Sucedeu o mesmo ano en que home chegou á  Lúa e, aínda que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é o que acostuma chamarse unha novela de terror.

Ficha do libro

Autor: Jhon Boyne

Xénero: Novela

Título orixinal: The boy in the striped pyjamas

Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que se trata. Porén se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa na que hai unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún e, se o fas, que teñas forzas para librarte del…

Esta novela do escritor Jhon Boyne vén de converterse nun fenómeno editorial de alto nivel: traduciuse a máis dunha vintena de idiomas, xa leva vendidos 50.000 exemplares en castelán, foi líder de ventas en Irlanda durante 35 semanas e tense feito unha adaptación cinematográfica.

 

Ficha do libro

Autor: Xabier P. Docampo

Título: Cando petan na porta pola noite

Xénero: Contos de medo

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995

Catro historias de medo contadas co sabor da literatura oral de tradición popular: O espello do viaxeiro, O Fornadas, A loba, O cumpremortes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ficha do libro

Autor: Carlos Ruíz Zafón

Título: El príncipe de la niebla

Xénero: Novela de misterio

O novo fogar dos Carver está rodeado de misterio. Nel aínda se respira o espírito de Jacob, o fillo dos antigos propietarios, que morreu afogado. As estrañas circunstancias desa morte só empezan a se aclarar coa aparición dun diabólico personaxe: O príncipe da néboa, que é quen de conceder calquera desexo a unha persoa a un alto prezo.


OLLOS DE AUGA

AUTOR: Domingo Villar

XÉNERO: Novela negra

Entre o aroma do mar e dos piñeiros galegos, nunha torre residencial da illa de Toralla, xunto á praia, un mozo saxofonista aparece asasinado cunha crueldade que apunta a un crime paixonal. Leo Caldas, un solitario e melancólico inspector, farase cargo da investigación que o levará da bruma do anoitecer ao fume das tabernas e aos clubs de jazz.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

El Canto del Loco, Peter Pan

Espero que vos guste

Despistaos, físca o química

Espero que vos guste

Estopa, Pesadilla

Espero que vos guste

Luís Fonsi, Yo no me doy por vencido

Espero que vos guste

La quinta estacion, Que te quería

Esta vez si que esperamos que vos guste, dado que é un avanze do que vai ser o próximo single  da Quinta Estación

Amaia Montero, Quiero ser

Espero que vos guste

Carlos Baute e Marta Sanchez, Colgando en tus manos

Espero que vos guste

« Previous entries