
Ficha do libro
Autor: Agustín Fernández Paz
Xénero: novela
Título: Noite de voraces sombras
Sara, unha moza de dezaseis anos, narra de forma apaixonada os acontecementos que durante unhas vacacións de verán, na casa da avoa en Viveiro, cambiaron a súa vida.

Ficha do libro
Autora: Laura Gallego
Xénero: novela fantástica
Título: Dos velas para el diablo
Unha batalla moito máis antiga que o ser humano parece ter, ao cabo, un claro vencedor. Porén, ao comezo do século XXI, Cat, a filla dun anxo, está disposta a desafiar os mesmos demos con tal de vingar o asasinato do seu pai.

Ficha do libro
Autora: Fina Casalderrey
Xénero: novela
Título: Asústate Merche!
Unha rapaza de quince anos comparte os seus problemas cunha amiga imaxinaria, Merche, á cal se dirixe no diario que vai escribindo. Novela de xuventude, de emocións e opinións, de compartir viaxes e amizade.

Ficha do libro
Autor: Carlos Ruíz Zafón
Xénero: novela fantástica
Título: Marina
Óscar Drai marchou fuxindo dos seus recordos, pensando que a distancia calaría para sempre as voces do pasado. Agora regresou para conxurar as súas pantasmas e enfrontarse a súa memoria. A macabra aventura que o marcou na súa xuventude, proporcionoulle, curiosamente, a máis fermosa historia de amor.

Ficha do libro
Autor: César Mallorquí
Xénero: novela
Título orixinal: Las lágrimas de Shiva
En certa ocasión , hai xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; pódelo chamar como queiras, o caso é que o vin. Sucedeu o mesmo ano en que home chegou á Lúa e, aínda que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é o que acostuma chamarse unha novela de terror.

Ficha do libro
Autor: Jhon Boyne
Xénero: Novela
Título orixinal: The boy in the striped pyjamas
Cremos que é importante empezar esta novela sen saber de que se trata. Porén se decides embarcarte na aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un neno de nove anos, cando se muda coa súa familia a unha casa na que hai unha cerca. Hai milleiros de aramados coma ese en moitos sitios do mundo; só desexamos que nunca te atopes con ningún e, se o fas, que teñas forzas para librarte del…
Esta novela do escritor Jhon Boyne vén de converterse nun fenómeno editorial de alto nivel: traduciuse a máis dunha vintena de idiomas, xa leva vendidos 50.000 exemplares en castelán, foi líder de ventas en Irlanda durante 35 semanas e tense feito unha adaptación cinematográfica.

Ficha do libro
Autor: Xabier P. Docampo
Título: Cando petan na porta pola noite
Xénero: Contos de medo
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1995
Catro historias de medo contadas co sabor da literatura oral de tradición popular: O espello do viaxeiro, O Fornadas, A loba, O cumpremortes.

Ficha do libro
Autor: Carlos Ruíz Zafón
Título: El príncipe de la niebla
Xénero: Novela de misterio
O novo fogar dos Carver está rodeado de misterio. Nel aínda se respira o espírito de Jacob, o fillo dos antigos propietarios, que morreu afogado. As estrañas circunstancias desa morte só empezan a se aclarar coa aparición dun diabólico personaxe: O príncipe da néboa, que é quen de conceder calquera desexo a unha persoa a un alto prezo.
OLLOS DE AUGA
AUTOR: Domingo Villar
XÉNERO: Novela negra
Entre o aroma do mar e dos piñeiros galegos, nunha torre residencial da illa de Toralla, xunto á praia, un mozo saxofonista aparece asasinado cunha crueldade que apunta a un crime paixonal. Leo Caldas, un solitario e melancólico inspector, farase cargo da investigación que o levará da bruma do anoitecer ao fume das tabernas e aos clubs de jazz.