Chegou o fin, coma xa saberedes temonos que despedir porque xa rematamos a ESO, esperamos que no noso blog vos gustara e sobre todo vos animase a ler a todos.
A nos gustarianos que nos recordasedes como un club non so de lectura senon un club no que ca lectura nos divertiamos eo pasabamos moi ben por eso vos queremos animar a que vos tamén fagades o mesmo.
Pois isto e todo pero antes queremosvos desexar boa sorte departe de todos os intengrantes deste club.
“La heroica ciudad dormía la siesta. El viento sur, caliente y perezoso empujaba las nubes blanquecinas que se rasgaban al correr hacia al norte”. La Regenta de Leopoldo Alas Clarín.
A pasada semana, o xoves, 21 e o venres, 22 de maio, os membros de Sinaloa fixemos unha excursión a Uviéu. Collemos o FEVE a primeira hora da mañá e despois de catro horas de tren estabamos na capital asturiana. Alí aproveitamos para visitar o centro da cidade, coñecendo os lugares nos que se desenvolve a obra de Clarín La Regenta. Tivemos ocasión de degustar a saborosa comida asturiana e facer tamén algúns compras polo comercio de Uviéu.
Hoxe é o día do libro e como formamos parte dun club de lectura imos realizar algunhas actividades para conmemorar este día, entre elas a máis importante é a de ler un anaco dun libro aos anciáns da residencia San Bartolo de Xove, acto que se celebra hoxe de 4 a 6 da tarde. Hoxe non podemos poñer fotos, pero mañá esperamos poñer algunha.
Neste mes de xaneiro o departamento de Música organizou unha viaxe a Madrid para presenciar un musical ao que asistimos todos os membros de Sinaloa. O musical que vimos foi A de Nacho Cano, tamén paseamos polo centro, o parque do Retiro, chegamos o Bernabeu e mesmo puidemos ver o rei e a súa familia en persoa no Palacio Real.
No mes de outubro fomos visitar unha exposición de arte galega á cidade de Mondoñedo. Aproveitamos a viaxe para coñecer o cemiterio vello e a zona monumental da vila, nese paseo puidemos ver o lugar onde descansan o músico Pascual Veiga e os escritores Leiras Pulpeiro e Álvaro Cunqueiro, do que tamén vimos a súa casa natal.
Os membros de Sinaloa participamos activamente na celebración do Samaín: organizamos sesións de lectura con relatos de medo diante de todos os compañeiros do instituto.
E, por suposto, tamén disfrutamos da festa, disfrazándonos.
En xuño os membros de Sinaloa, acompañados dalgúns alumnos de 1º e 2º de ESO, fomos a Santiago. Alí visitamos en primeiro lugar a fermosa bibiloteca da facultade de Historia que, malia a foto que vos poñemos, estaba atestada de estudantes.
Fomos despois ver a exposición de Galicia Dixital e comemos na zona vella todos xuntos.
Xa pola tarde encamiñámonos cara á nova biblioteca pública Ánxel Casal, onde tiñamos concertada unha visita guiada que resultou ser do máis interesante, por certo a biblioteca por dentro é unha marabilla.
Rematamos a xornada na libraría Couceiro.Aquí ensináronnos como se recuperan e encadernan os libros vellos e mercamos tamén aqueles que nos gostaron para a nosa biblioteca
A última semana de maio, algúns membros do club quedamos no cine de Viveiro para ver a última película de Indiana Jones.
O 10 de abril aproveitando a viaxe á Coruña que organizou o centro, os membros de Sinaloa achegámonos ata a libraría Fnac, onde puidemos ver as novidades en literatura xuvenil e mercamos varios libros para a bibiloteca.
E o 14 de abril asistimos a un obradoiro de prensa realizado por unha xornalista da delegación da Mariña de La Voz de Galicia. Explicounos previamente como se seleccionan as noticias, como é o ritmo de traballo na redacción e como se decide a portada do xornal do día. A continuación nós mesmos actuamos de xornalistas e, traballando coas noticias da actualidade, confeccionamos a nosa propia portada.