O blogue de Sinaloa

   Ola a todos! Benvidos a Sinaloa, o blogue do club de lectura do IES Illa de Sarón de Xove. Sinaloa formámolo seis alumnos e alumnas de 3º da ESO e dúas profesoras. Reunímonos unha vez á semana na biblioteca do centro para comentar os libros que foron previamente seleccionados e xa levamos feitas varias sesións. A experiencia de intercambiar opinións está a ser positiva, todos achegamos ideas e impresións sobre o lido e así as lecturas individuais enriquécense coa posta en común. 

Pois ben, co obxectivo de compartir esta experiencia nace o noso blogue, un espazo co que pretendemos ampliar os puntos de vista sobre as lecturas, fomentar o debate, intercambiar información de interese e, en definitiva, aprender.

Agardamos que Sinaloa esperte a vosa curiosidade e vos animedes a deixar comentarios.


Deixa un comentario